Santa Cristina celebra as súas festas patronais en dúas fines de semana

TerraChaXa
Comezarán o dia 20 e a festividade retomarase o sábado 27 cun xantar veciñal
festas-en-santa-cristina
Cartel
18 Xul 2024

A localidade de Santa Cristina, en Cospeito, estará de festas dúas fines de semana na honra a Santa Cristina e San Julián.

O programa dará comezo o sábado 20 cunha misa solemne ás 13.30 horas, seguida dunha sesión vermú a cargo do grupo Alba que actuará na verbena da noite xunto a Los Satélites.

O domingo, o oficio relixioso será á mesma hora, co grupo Fénix como acompañamento na sesión vermú da tarde.

A festividade retomarase o sábado 27 cun xantar veciñal e, previamente, ás 13.30, terá lugar unha misa solemne. A sesión vermú e verba da noite estará a cargo do trío Merengue que compartirá escenario con Dj Patakiña.

0.10489201545715