Santa Cristina, en Cospeito, celebra as festas esta fin de semana

TerraChaXa
Contará cunha xornada adicional o sábado 26 dedicada ao tradicional xantar veciñal
festas-santa-cristina-cospeito
17 Jul 2025

O lugar de Santa Cristina, no concello de Cospeito, celebrará as súas festas na honra á santa e a San Xulián os días 19 e 20 de xullo, cunha xornada adicional o sábado 26 dedicada ao tradicional xantar veciñal.

O sábado 19 de xullo terá lugar ás 13:30 horas a misa solemne, que dará paso á sesión vermú amenizada polo grupo Fénix. Pola noite, a verbena contará coa actuación de Fénix e a orquestra Furia Joven, garantindo animación e música para todas as idades.

O domingo 20 de xullo continuarase coa misa solemne ás 13:30 horas, que será cantada pola Coral Municipal Virxe do Monte, seguida dunha nova sesión vermú co Grupo Ritmo, poñendo o ritmo festivo á mañá do domingo.

O sábado 26 de xullo está previsto o xantar veciñal, mantendo a celebración ás 13:30 horas coa misa solemne e sesión vermú, e prolongando a festa pola tarde co trío Merengue, completando así un ciclo festivo no que a música, a tradición e a convivencia veciñal serán protagonistas en Santa Cristina.

⚙ Configurar cookies
0.97206211090088