Santa Leocadia celebrará un ano máis a Festa do Emigrante

TerraChaXa
Tras o éxito do ano pasado, a parroquia de Santa Leocadia en Castro de Rei celebrará novamente a Festa do Emigrante o día 11 de agosto no campo da Barxa.
37578803_863290923868867_3094649031985463296_n
10 Ago 2018

Tras o éxito do ano pasado, a parroquia de Santa Leocadia en Castro de Rei celebrará novamente a Festa do Emigrante o día 11 de agosto no campo da Barxa.

Esta celebración foi unha iniciativa do veciño do lugar Julio Pita Muimelo hai quince anos. Tras varias edicións deixou de celebrarse a volveuse recuperar o ano pasado pola xeración dos veciños dos anos 50.

Polo momento, o concello ten previsto arranxar este espazo antes da festa, que terá como centro condutor o xanta popular que se celebrará no propio campo. O interesados en participar nesta comida, que terá prezos populares, deberán reservar mesa no teléfono 618 012 763. A organización porá tamén un menú con mexillóns ao vapor e churrasco para os que desexen sumarse. Os que queiran poderán levar a súa popia comida.

Antes do xantar haberá sesión vermú coa orquestra Época, que tamén amenizará a tarde ata as 22.00 horas. Para sufragar os gastos tamén se rifará un cabrito entre todos os asistentes.

37578803_863290923868867_3094649031985463296_n
0.17525601387024