Santa Leocadia, en Castro de Rei, celebrará a Festa do Emigrante
TerraChaXa | LugoXa
Os veciños de Santa Leocadia, no Concello de Castro de Rei, celebrarán o vindeiro xoves 11 de agosto a Festa Popular do Emigrante.
6 Ago 2022
Os veciños de Santa Leocadia, no Concello de Castro de Rei, celebrarán o vindeiro xoves 11 de agosto a Festa Popular do Emigrante. Ao longo da xornada os asistentes poderán gozar de varias actuacións musicais.
Esta cita será no Campo da Barxa e contará coa música do dúo Epo-K que amenizará a sesión vermú e a sesión verpertina.
Os asistentes poderán degustar bebidas, pan, polbo, ración de churrasco e sobremesa a prezos populares. Tamén haberá xogos populares para os máis pequenos e sorteos sorpresa.
Para asistir será necesario reservar chamando ao teléfono 642 35 02 17.