Santa Leocaia celebrará a quinta edición da Festa do Cocido este sábado

LugoXa | TerraChaXa
A celebración dará comezo ás 13.00 horas no adro da igrexa da parroquia, onde se instalará unha carpa cuberta e climatizada para acoller aos asistentes
festa-cocido-santa-leocaia-castro
10 Mar 2026

A parroquia de Santa Leocaia, en Castro de Rei, acollerá este sábado 14 de marzo a V Festa do Cocido, unha cita gastronómica que volverá reunir veciñanza e visitantes arredor dun dos pratos máis tradicionais da cociña galega.

A celebración dará comezo ás 13.00 horas no adro da igrexa da parroquia, onde se instalará unha carpa cuberta e climatizada para acoller aos asistentes. Os participantes poderán degustar un cocido completo composto por produtos típicos como lacón, chourizo, orella, patacas, grelos e garavanzos.

Ademais da proposta gastronómica, a xornada contará con animación musical durante a sesión vermú e tamén pola noite cunha verbena amenizada polo grupo EvenTec. O programa incluirá igualmente diferentes sorteos entre os asistentes.

As persoas interesadas en asistir poderán adquirir as entradas, hoxe como último día, na gasolineira Campo da Cruz ou reservándoas nos teléfonos 674 193 253 e 647 226 391. O prezo do menú será de 25 euros.

0.12502813339233