Santa Mariña abrirá as súas festas cunha liscada este venres

TerraChaXa
O sábado actuarán Alianza e DJ Casanova e o domingo o fará a orquestra Trébol
banderines-festas-patronais
11 Jul 2025

A parroquia de Santa Mariña, en Guitiriz, vivirá esta fin de semana unhas das súas festas grandes, cun completo programa que combina tradición relixiosa, gastronomía e música en directo, converténdose nunha cita imprescindible para veciñanza e visitantes.

As celebracións comezan hoxe venres, a partir das 22:00 horas, cunha degustación gratuíta de liscos e chourizos, servidos polo Bar Porto, seguida dunha verbena amenizada polo Dúo Venus.

O sábado 12 será o día grande. A misa solemne celebrarase ás 13:30 horas, cantada pola recoñecida Coral de Bravío, da Coruña. Ao remate, a sesión vermú estará a cargo da Orquestra Alianza, que tamén será protagonista pola noite, compartindo escenario co DJ Casanova nunha verbena que promete estender a festa ata altas horas.

As festas pecharán o domingo 13 de xullo cunha nova misa solemne ás 13:30 horas, seguida de sesión vermú e verbena coa animación da orquestra Trébol, poñendo o broche final a tres días de celebracións intensas.

⚙ Configurar cookies
0.19614696502686