Santa Mariña celebra o Carme a primeira fin de semana de xullo
TerraChaXa
A parroquia de Santa Mariña de Guitiriz celebrará as súas festas patronais na honra da Virxe do Carme a fin de semana entre o 5 e o 7 de xullo.
4 Xul 2019
A parroquia de Santa Mariña de Guitiriz celebrará as súas festas patronais na honra da Virxe do Carme a fin de semana entre o 5 e o 7 de xullo.
As celebracións darán comezo o venres ás 21.00 horas cunha liscada gratuíta á que seguirá unha verbena que estará amenizada polo grupo Venus. Ademais, haberá concerto a cargo de Gin Tony's.
O sábado as celebracións comezarán coa tradicional misa ás 13.30 horas con procesión e sesión vermú amenizada por La Hora Bruja. Pola noite haberá gran verbena coas orquestras Panamá e Cinema.
O domingo continuarán as celebracións con misa solemne e procesión a partir das 13.30 horas e posterior sesión vermú e fin de festa co dúo Calú.