Santaballa acolle o sábado un obradoiro de solo pelviano
TerraChaXa
A Asociación Agarimo, de Santaballa, organiza para este sábado, 28 de outubro, un taller de solo pelviano de tres horas de duración.
27 Oct 2023
A Asociación Agarimo, de Santaballa, organiza para este sábado, 28 de outubro, un taller de solo pelviano de tres horas de duración.
Esta sesión, que terá un custo de 5 euros, terá lugar de 10.30 a 13.30 horas e será impartido por unha fisioterapeuta especializada en solo pelviano.
As persoas que desexen asistir poden facer a súa reserva no 647 441 099. Aprenderán as funcións de solo pelviano, hábitos saudables e a prever os síntomas de disfunción, entre outras cousas.