Santaballa celebra a primeira edición da Xuntanza da Amizade o 1 de novembro

TerraChaXa
A partir das 21:00 horas, a festa continuará cunha gran verbena a cargo dos grupos Madastur e dúo Venus
festa-da-xuventude-santaballa
25 Oct 2025

A parroquia de Santaballa, no concello de Vilalba, acollerá o sábado 1 de novembro a primeira edición da Xuntanza da Amizade, unha xornada de convivencia e festa que se desenvolverá na explanada da igrexa.

O programa comezará ás 13:30 horas cunha sesión vermú amenizada polo grupo Madastur. A continuación, ás 15:30 horas, terá lugar unha comida baixo carpa, servida pola Taberna do Trasno, cun menú composto por xamón cocido, polbo, churrasco, sobremesa, café e licores. O prezo será de 36 euros para adultos, 18 euros para nenos e nenas de 7 a 12 anos, e gratis para menores de 6 anos. As reservas poden facerse a través dos teléfonos de Peseto Pepe, Miragaya e Rego, e a data límite para adquirir os tíckets é o 27 de outubro.

A venda anticipada dos convites realizarase en Naseiro, Área Blanca, Carballo e Pereira.

A partir das 21:00 horas, a festa continuará cunha gran verbena a cargo dos grupos Madastur e dúo Venus, que poñerán o broche musical a unha xornada pensada para reunir á veciñanza e celebrar a amizade nun ambiente festivo e familiar.

⚙ Configurar cookies
0.069366931915283