Santiago da Reigosa prepara unha excursión para maio
TerraChaXa
A parroquia da Pastoriza, Santiago da Reigosa, impulsa unha actividade de dinamización social.
23 Abr 2019
A parroquia da Pastoriza, Santiago da Reigosa, impulsa unha actividade de dinamización social. Así o 18 de maio organiza unha excursión para todos os públicos baixo o título Ruta de Rosalía de Castro.
A excursión, con saída ás 9:00 horas diante a Casa Socio Cultural de Reigosa e chegada ás 21:00, visitará lugares como a Casa Museo de Rosalía de Castro, a vila de Padrón, a iglesia de Santa María de Adina e o Pazo de Oca.
A inscrición hai que formalizala chamando aos teléfonos 658 26 44 73 e 620 63 18 44.