Santiago Rodríguez e Pepe Pol gañan o certame de xornalismo de Begonte
O xurado do XLV Certame de Xornalismo Begonte e o Nadal, convocado polo Centro cultural José Domínguez Guizán, impulsor do Belén Electrónico de Begonte, foi para Santiago Rodríguez López e Pepe Pol.
O xurado estivo formado por Jesús Dominguez Guizán, presidente da entidade convocante; José Ulla Rocha, alcalde de Begonte; Blanca Pacín Somoza, bibliotecaria, e José Rodríguez Gómez, fillo do creador do Belén, vocais; e Xulio Giz Ramil, no nome do centro convocante.
Por unanimidade acordaron conceder os primeiro premio, dotado con 600 euros e estatuíña de Sargadelos, para O Belén de Begonte peregrina aos nosos fogares, do que é autor Santiago Rodríguez López, lucense residente en Bristol (Reino Unido).
O segundo premio, dotado con 300 euros e estatuíña de Sargadelos foi para Felicitacion navideña del abuelo, de Jose Reinaldo Pol González (Pepe Pol), de Quiroga. Pepe Pol foi o gañador do certame o ano pasado.
Ademais, pola calidade do seu traballo concedeudse unha mención de honra, dotada con estatuiña de Sargadelos a El Belén electrónico de Begonte en estas extrañas fiestas, de Luis Latorre Real de Lugo.