Santos reparte responsabilidades entre o seu equipo no Goberno de Friol

TerraChaXa | LugoXa
No pleno celebrado no día de hoxe realizouse o nomeamento das funcións dos concelleiros que forman parte do Equipo de Goberno en Friol.
equipo de goberno friol
23 Xuño 2023

No pleno celebrado no día de hoxe realizouse o nomeamento das funcións dos concelleiros que forman parte do Equipo de Goberno e traballarán no Concello de Friol durante o presente mandato.

O Equipo de Goberno está formado por concelleiros que xa traballaron polo pobo nos últimos catro anos como son Ángeles Buján, que repite como Delegada da alcaldía, e con mais peso no goberno, nomeándoa tamén Delegada de Desarrollo Local, Cultura, Turismo e Sanidade, Santos eleva a Enrique Barreiro a Tenente de Alcalde, así como tamén exercerá como Delegado de Emerxencias, Servizos Rurais, Traballo e Novas Tecnoloxías; Julio Cortiña López que repite como Delegado de Obras, Feiras e Mercados; Nuria Vázquez será a Delegada de Economía e Facenda; como nova incorporación Felipe Barata que comeza a traballar no novo equipo de goberno exercerá como Delegado de Deportes, Participación Cidadá e Movilidade; Juan Carlos Casal que pasa a ser Delegado de Urbanismo, Vivenda e Patrimonio. Pilar López que exercerá como Delegada de Educación, Infancia e Igualdade; Juan Varela será o novo Delegado de Medio Rural e de Medio Ambiente e Nerea Campo Fariñas encargarase de ser Delegada de Xuventude, Festas e Atención Cidadá.

Por tanto, o rexedor practicamente mantén o mesmo organigrama que tiña na anterior lexislatura, aumentando as novas delegacións, como son as de participación Cidadá e Movilidade, tamén continúa coa delegación da Alcaldía que a ostentará Ángeles Buján que xunto con Enrique Barreiro coa primeira tenencia de alcaldía convértense en dous piares fortes e importantes do novo Goberno de Santos.

O alcalde José A. Santos asegurou que “este equipo de Goberno é a mellor garantía de futuro para Friol, un grupo que traballará arreo e intensamente para cumprir os obxectivos que temos marcados na folla de ruta, para que Friol mellore e avance en todos os sectores que temos implantados, e sobre todo que os veciños e veciñas poidan desfrutar dunha mellor calidade de vida en este pobo e para seguir dando a coñecer ao noso municipio no exterior”

0.20447397232056