Sara Veres Vázquez, veciña das Reixas, celebra o seu 100 aniversario

TerraChaXa
A alcaldesa Marisol Morandeira e a concelleira de Integración, Promoción e Servizos Sociais, Sofía Sánchez, achegáronse ata a súa vivenda
centenaria-guitiriz
27 Apr 2025

A parroquia das Reixas e todo o Concello de Guitiriz acolleron a celebración da súa veciña, Sara Veres Vázquez, que cumpre nada menos que 100 anos de vida.

Co motivo desta data tan sinalada, a alcaldesa Marisol Morandeira e a concelleira de Integración, Promoción e Servizos Sociais, Sofía Sánchez, achegáronse ata a súa vivenda para compartir con ela este momento tan emotivo e desexarlle en persoa os parabéns.

A Sara, rodeada do cariño da súa familia e seres queridos, non lle faltaron os sorrisos nin as lembranzas nun día cheo de emocións e recoñecemento á súa longa traxectoria vital.

⚙ Configurar cookies
0.15674901008606