Se celebran as festas en Moreda esta fin de semana

TerraChaXa
O domingo haberá misa solemne á mesma hora seguida de sesión vermú co dúo Aires de Broña, grupo que actúa por primeira vez na zona
banderines-festas-patronais
Cartel das festas
30 May 2025

A localidade vilalbesa de Moreda está de festa esta fin de semana na honra a San Andrés. O sábado 1 a música estará ao cargo do grupo Da Silva, que fará dobre sesión ao mediodía e á noite en sesión verbena.

Previamente terá lugar a misa solemne e a procesión, a partir das 13.30 horas. Pola noite tamén estará a orquestra Assia.

O domingo haberá misa solemne á mesma hora seguida de sesión vermú co dúo Aires de Broña, grupo que actúa por primeira vez na zona e que porá o punto e final á celebración.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa.

⚙ Configurar cookies
0.1622211933136