Segue a instalación de caldeiras de biomasa nos edificios públicos ponteses

TerraChaXa
As Pontes segue avanzando na súa aposta por mellorar a eficiencia enerxéticano termo municipal coa instalación de caldeiras de biomasa
aforro enerxia
12 Xuño 2021

O Concello das Pontes segue avanzando na súa aposta por mellorar a eficiencia enerxética e promover o aforro enerxético no termo municipal coa instalación de caldeiras de biomasa nos edificios de titularidade pública que se suman á instalada no Pavillón Polideportivo Municipal e nas asociacións veciñais de diferentes parroquias pontesas.

Así,  durante o mes pasado procedeuse á instalación, na Casa da Enerxía e no Conservatorio, de dous novos equipos de produción de calor, de ultima xeración e alta eficiencia, baseados no consumo de enerxía renovable, seguindo os parámetros establecidos no Regulamento de Instalacións Térmicas en Edificios (RITE) e o Código Técnico de Edificación (CTE)

Previamente a instalación das caldeiras de biomasa, procedeuse á adaptación da sala de caldeiras, realizando os traballos precisos para situar os silos, as chemineas e sistemas de ventilación, os sistemas automatizados de alimentación así como os sistemas de control da instalación (centraliña, cadro eléctrico e equipos de indicación de datos, etc.)

Asemade instaláronse sistemas automatizados para a combustión de pellets que permitirán o subministración automática de combustible para a caldeira, a retirada automática de cinza do depósito de cinza, a limpeza automática do intercambiador da caldeira, a telexestión e programación.

No caso da caldeira do conservatorio, o aforro económico estimado será de 18.000 € ano, evitando a emisión de 28 TCO2/ano á atmosfera. No caso da Casa da Enerxía, acadarase a climatización de todo o edificio polo mesmo custe co que ata o de agora só se estaba a climatizar dúas das oficinas en uso; evitando a emisión de 15 TCO2 á atmosfera.

Estas actuacións que supuxeron un investimento de 95.668,84 euros, con cargo ás subvencións para o ano 2020-2021 do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), da Xunta de Galicia, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER), a proxectos de enerxías renovables térmicas, forma parte do proxecto do goberno local para promover e dinamizar o desenvolvemento urbano sostible, contribuíndo á redución das emisións de dióxido de carbono e ó aumento de consumo de enerxías renovables no municipio, a través da mellora enerxética nos edificios públicos.

0.15933203697205