Segue aberto ata a semana que vén o prazo para solicitar en Muras as axudas a estudantes
O Concello de Muras mantén aberto este mes o prazo de solicitude das axudas a estudantes destinadas á compra de material complementario, libros, transporte e aloxamento en función da etapa educativa. Así, estas van de ata 50 euros para educación infantil e primaria ata 200 euros para Secunadria e Barcharelato. Para alumnado de educación especial ou con discapacidade as axudas aumentan ata 250 euros ou máis mentres que os estudantes universitarios e de formación profesional disporán de axudas que oscilan entre os 350 e os 1.000 euros dependendo dos seus ingresos.
As axudas, que deberán solicitarse no Concello a través das vías habituais, terán de prazo ata o 22 de este mes.
Por outra parte, introduciuse como novidade, unha liña de axuda de 100 euros, destinada a subvencionar a contratación de internet nos fogares, posto que é necesario que os estudantes conten cunha conexión de velocidade media-alta, para combater a brecha dixital, e garantir que todo o alumnado de Muras matriculado en calquera nivel educativo conte con estes tipo de conexión, dado que en calquera momento poderían tomarse medidas de restricións de movementos, e atoparnos de novo coa ensinanza semi-presencial.
O rexedor engadiu que “tamén queremos que haxa internet en todos os fogares dos alumnos de Muras, non vaia a ser que suspendan as clases de novo pola pandemia esta. Debemos estar preparados por se acaso, por iso animo a que instalen a conexión nas súas casas”. Por último, Requeijo engadiu que “os alcaldes nestes tempos, debemos pensar nos veciños, sobre todo nos máis vulnerables e facer políticas para facer unha sociedade máis xusta e igualitaria”.