Segue aberto o prazo das axudas para o cambio de frecuencias da TDT

TerraChaXa
A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, lembra que continúan activas, ata o próximo 30 de setembro de 2020, as axudas para o cambio de frecuencias da TDT sen custo nos municipios da provincia.
31 Dec 2019

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, lembra que continúan activas, ata o próximo 30 de setembro de 2020, as axudas para o cambio de frecuencias da TDT sen custo nos municipios da provincia. Trátase dunha liña dotada con 145 millóns de euros, aprobada en Consello de Ministros, que xestiona Red.es. Con todo, incidiu en que as comunidades de propietarios deben adaptar as súas instalacións antes do 10 de febreiro.

O pasado 18 de setembro empezou o cambio de frecuencias de Televisión Dixital Terrestre en 58 municipios da provincia de Lugo, mentres que outros oito empezarán en breve e Muras xa a realizou coa provincia da Coruña. O obxectivo é a liberación da banda de 700 MHz, que permitirá o despregamento das redes ultrarrápidas para móbiles 5 G. Galicia é a primeira comunidade autónoma na que se inician as actuacións do segundo Dividendo Dixital.

Este cambio de frecuencias non implica a desaparición de ningunha canle nin a caducidade de ningún dispositivo electrónico, simplemente desprázanse as frecuencias e é necesaria a adaptación das instalacións colectivas de recepción de sinal. Por iso, as comunidades de propietarios de 8.312 edificios, con 130.000 residentes, deben realizar unha serie de axustes que serán sufragados integramente polo Goberno.

Isabel Rodríguez detallou que ata o 30 de setembro é posible solicitar as axudas, de entre 104,3 e 677,95 euros en función das instalacións, tras solicitar a factura correspondente aos profesionais que realicen as modificacións.

Na actualidade a emisión realízase de maneira simultánea nas frecuencias antigas e nas novas, pero a partir do próximo 10 de febreiro, as canles só veranse nas frecuencias novas. Por ese motivo, aquelas comunidades que aínda non fixesen as modificacións aínda teñen prazo para realizalas e poderán solicitar o abono das mesmas durante o próximos nove meses.

0.38903498649597