Segue aberto o prazo para o curso de informática de Cabreiros
Continúa aberto o prazo de inscrición para o curso de formación en Economía Social: Informática Básica financiado pola Rede Eusumo e que se impartirá na escola de Cabreiros entre o 21 de setembro e o 5 de outubro. O obxetivo do curso é formar ás persoas na economía social utilizando ferramentas informáticas e de comunicación a través de internet.
A formación contará de 21 horas que se repartirán os martes, mércores e xoves de 15.30 a 18.30 horas. O horario está pensado para que a organización limita o aforo a 10 prazas e a inscrición deberá realizarse previamente a través do Concello de Xermade, no teléfono 982 501 001.
A difusión e formación en economía social completarase con visitas a diferrentes cooperativas, nas que se poderá ver a maneira de traballar e as vantaxes que a economía social proporciona ás persoas e ao territorio.