Segue aberto o prazo para os obradoiros de Buxos Verdes do día 26

TerraChaXa
A Asociación  Cultural Buxos Verdes de Vilalba organiza para o sábado 26 de novembro a súa festa de 20 aniversario no auditorio.
obradoiros buxos verdes
obradoiros buxos verdes
19 Nov 2022

A Asociación  Cultural Buxos Verdes de Vilalba organiza para o sábado 26 de novembro a súa festa de 20 aniversario no auditorio.

Esta cita dará comezo ás 10.00 horas e durante toda a mañá haberá obradoiros. Para estes obradoiro segue aberto o prazo de inscrición. Así, un deles será de canto e pandeiro, a cargo de Branca Villares, na sala de perscusión do auditorio vilalbés. Ao mesmo tempo, na sala de danza terá lugar o obradoiro de baile de Serxio Cobos. Completa a programación o de afinación e ornamentación para faita de sabela Olivares, no segundo piso do auditorio.

Estes obradoiros serán gratuítos pero necesítase inscrición previa. Só é necesario un correo co nome e o apelido así como o tipo de obradoiro ao correo buxosverdesdevilalba@gmail.com.

Xa despois, ás 13.30 horas no restaurante Montero haberá unha sesión vermú e ás 15.00 horas  será o xantar, ás 17.30 a foliada e pola noite, ás 20.00 horas, haberá un concerto seguido dun aperitivo.

"Un evento que queremos festexar de maneira especial, con toda a xente que dalgunha maneira deixou a súa pegada durante este percorrido no tempo. Encontros, recordos, sorpresas...e como non, moita festa!", din desde a asociación.

buxos verdes burela 20 aniversario
0.09904408454895