Seguen as actividades culturais de agosto de Meira

TerraChaXa
Meira non terá festas patronais como tal pero disporá dun programa de actividades culturais e musicais para o mes de xullo e agosto.
concerto meira
14 Ago 2021

Este ano o Concello de Meira non tivo festas patronais como tal pero dispuxo dun programa de actividades culturais e musicais para agosto.

Así, continúan os Venres musicais ata o 27 de agosto que contarán con actuacións no exterior de formato e duración reducida. Tamén os días festivos en Meira (15 e 16 de agosto) haberá actuacións musicais da man da Escola de Música municipal de Meira e da Banda Municipal de Meira. Ademais destas actuacións mañá día 15 haberá un concerto na praza Maior.

Tamén seguirán as celebracións polo 90 aniversario da declaración de monumento nacional (BIC) de Santa María de Meira (que tivo lugar o 3 de xuño de 1931). Para conmemorar esta data haberá unha visita gratuíta o domingo 29 de agosto, ás 11:00.

Debido a que hai limitación de persoas para a realización desta actividade é necesario inscribirse con antelación e as prazas iranse cubrindo por orde de solicitude. Faranse listas de espera por se alguén se dá de baixa e ampliaranse a máis grupos noutros horarios se a demanda requíreo.

As inscricións deben facerse no teléfono 618 679 632, no correo turismo@concellodemeira.com ou presencialmente na oficina de turismo de Meira.

Tamén para os máis pequenos haberá teatro o 17 de agosto, ás 21.00 horas na casa da cultura. Será a obra Conexión Pingüin, con Luis Iglesia e Marcos Orsi.

O luns día 16 de agosto (festivo en meira) na praza maior haberá xogos e actividades para nenos e nenas.

veran de lecer meira
0.15739011764526