Seguen as reunións cos veciños para a análise do inventario de camiños de Muras
O Concello de Muras continúa o día 12 de agosto coas reunións que se manterán cos veciños das parroquias a propósito da presentación do inventario de camiños municipais e para informar os asistentes sobre o mesmo.
A cita será cos veciños e veciñas das parroquias do Burgo, Ambosores e O Sixto, que están convocados para as 11.00 horas no local da Casa do Médico de Muras. Pola tarde será a quenda dos veciños da Muras, ás 16.00 horas.
A intención do equipo de Goberno é reunirse cos veciños de todas as parroquias do Concello, que son 8, para ir poñendo sobre a mesa as diferentes cuestións que os veciños consideren que hai que cambiar ou modificar.
Dende o Concello lembran que aqueles veciños do resto de parroquias que non puideron asistir ás distintas reunions poderán facelo ao final das reunións da tarde do día 12 para facer consultas e valoracións.
O Concello xa iniciou a redacción do documento polo que o obxectivo será debater o mesmo cos veciños de cada parroquia.