Segunda e última fin de semana da XII Ruta de Pinchos do Vicedo os días 3 e 4 de maio

TerraChaXa | AMariñaXa
2 May 2019

O Concello do Vicedo celebra a XII Ruta de Pinchos. Esta próxima fin de semana será a última oportunidade para poder degustar estes pinchos xa tradicionais no concello.

A segunda ruta que se celebra esta vindeira fin de semana, os días 3 e 4 de maio de 20:00 a 23:00 horas recorrerá o café-bar San Esteban coa tapa Codillo con cebola caramelizada; a cafetería Galatea que presentará Roliños de porco, La Bodeguita del Puerto co pincho Especial de ‘La Bodeguita’, o merendeiro “Los Árboles” de Xilloi con Secreto de Los Árboles e o mesón O Remo terá o pincho Guau bao.

O precio dos pinchos será de dous euros. Haberá un premio ao mellor pincho elixido polo público e un sorteo de dous xamóns, donados polos establecementos participantes, entre tódolos votantes. A entrega destes premios e o sorteo dos xamóns terá lugar o día 6 de maio ás 18:00 na Casa da Cultura de O Vicedo.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16799998283386