Segunda edición do festival de papaventos das Pontes
O próximo 20 e 21 de agosto celebrarase no Lago a segunda edición do festival de papaventos do Concello, así, o ceo pontés encherase de cor e de impresionantes papaventos.
Dende ás 12.00 horas haberá unha exhibicións sempre e cando o vento e as condicións meteorolóxicas o permitan, e de 11.00 a 13.00 e 16.00 a 18.00 horas será o obradoiro de elaboración de papaventos. Serán izados desde unha área restrinxida na zona de aparcadoiro a carón da praia, na parte baixa do Lago.
Para participar no obradoiro haberá que inscribirse antes do venres 19 de agosto ás 20.00 horas chamando ao teléfono 699 112 405.
Este espectáculo visual está recomendado para todo o público en xeral, pero en especial para os nenos, que poderán ver extraterrestres, polbos ou peixes de cores sucando o ceo pontés. Algunhas destas pezas chegan a medir até 30 metros de longo. As dúas compañías, tanto Velaivai, procendente da Coruña, como a madrileña Torbellino y Ventolera; teñen unha ampla e contrastada experiencia neste tipo de eventos que realizan en diversos lugares do país.