Seis concellos botan adiante o programa Xuntos pola compostaxe

TerraChaXa | AMariñaXa
Seis concellos botan adiante o programa Xuntos pola compostaxe. Participan A Pontenova, A Pastoriza, Meira, Pol, Ribeira de Piquín e Riotorto
Seis concellos botan adiante o programa Xuntos pola compostaxe
7 Dec 2020

A agrupación de concellos da Pontenova, A Pastoriza, Meira, Pol, Ribeira de Piquín e Riotorto, co apoio financeiro da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, implantará un programa de compostaxe co que reducir a fracción orgánica dos residuos.

O proxecto está pensado para a participación de preto de 1.000 veciños, repartidos entre os 6 concellos, que recibirán de forma gratuíta os correspondentes medios materiais para a elaboración de compost, ao mesmo tempo que recibirán formación na materia e asesoramento continuado durante o proceso.

Os veciños do concello de Meira interesados en participar na campaña de compostaxe poderán inscribirse e informarse sobre a mesma nos postos informativos que colocará cada Concello Por exemplo en Meira será o 10 de decembro de 2020 en horario de 11:30 a 13:30 horas e en Riotorto o 15. Tamén poderán facelo ata o 22 de xaneiro do 2021 nas oficinas do seu respectivo municipio.

Para participar pídese como único requisito dispor dun espazo de horta ou xardín de 50 metros cadrados e comprometerse a facer un uso responsable do composteiro.

0.18965196609497