Seis medallas para o Moo Duk Kwan de Vilalba na Copa Xunta 2021

TerraChaXa
A Escola de Taekwondo Moo Duk Kwan de Vilalba obtivo seis medallas na Copa Xunta 2021 celebrada coa participación de 800 deportistas.
equkipo taekwondo vilalba portada
14 Dec 2021

A Escola de Taekwondo Moo Duk Kwan de Vilalba obtivo seis medallas na Copa Xunta 2021 deste deporte celebrada coa participación de 800 deportistas.

Así, obtivo un ouro a través de Diego Fernández Campos na categoría D2 masculino e a prata por medio de Cristina Insua Cendán en categoría A2.

Finalmente os catro bronces foron para Álex Insua Cendán en D2, Nicolás Ares Veiga, en D3, Borja Castro Rodríguez en D4 e Bruno González Vázquez en E4.

Na fase autonómica de competición accederon os clasificados na Copa Deputación e nas distintas fases provinciais polo que tivo un elevado nivel técnico e de participación con categorías nas que a participacion subiu das 30 persoas.

Ademais dos seis medallistas, o club contou coa participación doutros deportistas que fixeron un excelente traballo como María Pardo Paz, Dani Hermida Ramudo, Lucas González Teijeiro, Xoana Kiman Crende Doural, Jesús Seoane Santalla, Rida Bourkhiss, Saúl López Castro e Andrea Vélez Prado.

COPA XUNTA EQUIPO
0.18729114532471