Seixón, en Friol, acolle un encontro literario artístico en favor do empoderamento da muller

LugoXa | TerraChaXa
Será este sábado, a partir das 17.00 horas, na Casa da Cultura
actividade-en-seixon
28 Mar 2025

A Casa da Cultura de Seixón, en Friol, acollerá este sábado 29 de marzo un evento cultural no marco do 15º Grito de Muller. A xornada dará comezo ás 17:00 horas coa presentación da obra da artista Camino Casabella, titulada Heroínas de todos os días, unha actividade aberta a todos os públicos, incluíndo nenos e nenas.

Ás 18:30 celebrarase un encontro poético-artístico no que participarán destacadas figuras como Carmela Rodríguez, Nery Díaz, Fernanda Arrojo, Jadijetu El Bechir, Suadu Mohamed Fadel, Inés López, Concha Blanco, Manuela González e Sonia Lamas. O evento contará ademais co acompañamento musical de David Valdés á guitarra.

Baixo o lema Berra con nós!, esta iniciativa forma parte do recoñecido festival internacional Grito de Muller, que busca dar visibilidade á loita e ao empoderamento feminino a través da arte e da poesía.

⚙ Configurar cookies
0.068499803543091