Seixosmil Estreito arranca as festas na honra da Virxe das Mercedes cunha churrascada

TerraChaXa
O programa pecharase o domingo 28 de setembro cunha nova misa solemne ás 13:00 horas, procesión e sesión vermú amenizada polo dúo Muralla
banderines-festas-patronais
25 Sep 2025

A parroquia de Seixosmil Estreito, no concello de Meira, prepárase para celebrar as súas festas na honra da Virxe das Mercedes cun programa que se desenvolverá do venres 26 ao domingo 28 de setembro e que combina gastronomía, música e actos relixiosos.

As celebracións comezarán o venres 26 de setembro cunha gran churrascada a partir das 22:00 horas, cun prezo de 15 euros, amenizada polo dúo Ovice e o DJ Ello, que poñerán ritmo á primeira noite de festa.

O sábado 27 terá lugar a tradicional misa solemne ás 13:00 horas, seguida de procesión e sesión vermú coa orquestra Stereo. Xa pola noite, a partir das 22:00 horas, a mesma orquestra será a encargada de animar a verbena, xunto co dúo Son de Festa, garantindo unha xornada marcada pola música e a participación veciñal.

O programa pecharase o domingo 28 de setembro cunha nova misa solemne ás 13:00 horas, procesión e sesión vermú amenizada polo dúo Muralla, que porá o broche final a tres días de festexos. Os tíckets para a churrascada están á venda nos bares de Meira.

⚙ Configurar cookies
0.085798025131226