Seixosmil inicia hoxe as súas festas cunha churrascada

TerraChaXa
O domingo rematará a festa coa sesión vermú, que estará protagonizada polo dúo Muralla
festas-fogos-artificiais-celebracion
20 sep 2024

A localidade de Seixosmil, en Meira inicia hoxe as súas festas na honra ás Mercedes cunha churrascada popular a partir das 21.30 horas. A continuación haberá unha verbena a cargo dos dúos Caramelo e Estrellas.

O sábado iniciarán as celebracións coa tradicional misa e procesión, ás 13.00 horas. A sesión vermú estará a cargo de Ángel América, que tamén se ocupará da verbena xunto a Tania Veiras.

O domingo rematará a festa coa sesión vermú, que estará protagonizada polo dúo Muralla, que actuará despois da misa, prevista para as 13.00 horas.

0.18175888061523