Sergio Pena gañou o II Slalom de Guitiriz

TerraChaXa
O sábado, ao longo de toda a xornada, o Campo da Feira de Guitiriz acolleu o II Slalom Concello de Guitiriz Gran Premio Ruta da Auga.
slalom guitiriz2
23 Nov 2021

O sábado, ao longo de toda a xornada, o Campo da Feira de Guitiriz acolleu o II Slalom Concello de Guitiriz Gran Premio Ruta da Auga, no que resultaron gañadores Sergio Pena Millán, do Scratch Fene, en categoría masculina, e Tamara Pereira, do Arteixo Motorsport, na feminina.

A proba automobilística desenvolveuse no circuíto do Campo da Feira, organizado conxuntamente coa Escudería Scratch Fene sendo puntuable para o Campionato de Galicia de Slalom.

Nesta segunda edición do Slalom o trofeo feminino, dotado con 300 euros de premio, está patrocinado pola Asociación de Hostalería de Guitiriz Debares.

Participaron nesta segunda edición un total de 4o pilotos da talla de Manuel Trevín, campión do I Slalom Concello de Guitiriz e campión galego 2020, Sergio Pena, campión galego do 2019, e Rubén Gandoy, campión de Asturias e campión galego.

ganadores slalom guitiriz 2021
0.21843099594116