Serra da Carba organiza este sábado a súa tradicional xornada apícola

TerraChaXa
Terá lugar na escola da Pedragosa, en San Simón da Costa cunha cata de mel e unha charla
xornada-apicola-serra-da-carba
26 Nov 2024

Este sábado, 30 de novembro, a Asociación de Apicultores Serra da Carba organiza a sexta edición da súa Xornada de Apicultura, que terá lugar na escola da Pedragosa, en San Simón da Costa.

O colectivo porá en marcha diversas actividades comezando ás 16:30 cunha cata de meles locais. A continuación, sobre as 18:00, será a quenda de Javier Fontaiña, veterinario e técnico da Casa do Mel de Goente, para ofrecer unha charla sobre alimentación de outono.

⚙ Configurar cookies
0.70546507835388