Serra da Carba organiza este sábado unha xornada apícola

TerraChaXa
A asociación de apicultores Serra da Carba organiza mañá a súa cuarta xornada sobre apicultura na escola da Pedragosa, en San Simón.
xornada apicola serra da carba vilalba portada
xornada apicola serra da carba vilalba portada
22 Nov 2022

A asociación de apicultores Serra da Carba de Vilalba organiza este sábado, 26 de novembro, unha nova xornada sobre apicultura, que acada súa cuarta edición.

Esta sesión terá lugar pola mañá dividida en dúas sesións que se desenvolverán na escola da Pedragosa, en San Simón da Costa. Ás 10.30 horas haberá unha cata de meles locais e ás 11.30 horas haberá unha charla coloquio sobre a crise global dende o medio rural. Estarán presentes Andrés Castro, do Sindicato Labrego Galego, e Marcos Besada, da asociación agroecolóxica A Estruga.

xornada apicola serra da carba vilalba
0.13408899307251