Sesión de cine comprometido na Pastoriza
TerraChaXa
O mércores 21 de decembro, as 17:30, o colectivo Solidariedade Internacional Galicia organiza unha sesión de cine e activismo rural.
21 Dec 2022
O mércores 21 de decembro, as 17:30, o colectivo Solidariedade Internacional Galicia organiza unha sesión de cine e activismo rural, que se desenvolve esta tarde de mércores na taberna O Cruceiro da Pastoriza.
Proxectaranse 3 curtametraxes e logo farase un coloquio sobre os problemas sociais a nivel global.
Ao finalizar haberá tamé unha chocolatada de balde.