Sete Pontes celebra este sábado o Desfile do Comercio local

TerraChaXa
Será ás 19.00 horas no auditorio vilalbés con entrada de balde
desfile-de-moda
25 sep 2024

A Asociación de Empresarios Sete Pontes de Vilalba celebrará, o próximo sábado 28 de setembro, ás 19:00 horas, o Desfile do Comercio Local, un evento que reunirá ás principais tendas da localidade nunha xornada festiva e chea de sorpresas para toda a familia.

"Este desfile é unha excelente oportunidade para descubrir as últimas tendencias e produtos que ofrecen os comercios locais, quen desfilará co mellor das súas coleccións e servizos", afirman desde a organización.

Ademais, durante o evento, levarase a cabo o sorteo da campaña Volta ao Cole, unha iniciativa que tivo unha gran acollida as últimas semanas.

Para poder vir ao evento hai que facerse cunha entrada, que será de balde, na web do Concello ou o mesmo día, nos despachos de billetes do auditorio.

0.1834728717804