Sete Pontes inicia a formación en tecnoloxía dixital das empresas
Esta semana deron comezo as xornadas dirixidas á industria de Vilalba que organiza a Asociación de Empresarios Sete Pontes. Coas mesmas, que contan con financiamento do Igape, preténdese facilitar ás participantes ferramentas e recursos que lles permitan iniciar e impulsar un proceso de transformación dixital acorde ás necesidades de cada industria.
Durante as próximas semanas abordaranse cuestións como a mellora de procesos, sensorización, internet das cousas, big data e intelixencia artificial coa vista posta na mellora da produtividade, a eficiencia no uso dos recursos dispoñibles e presentaranse os medios adecuados para atopar solucións adaptadas a cada caso particular.
Desde un enfoque práctico tomarase contacto con casos de éxito e solucións susceptibles de trasladar a cada empresa independentemente do estado actual de cada unha.