Sete Pontes lanza premios por San Valentín con vales de compra e estancias

TerraChaXa
Ademais, para fomentar o comercio local, os clientes que realicen compras entre o 10 e o 16 de febreiro nos establecementos adheridos recibirán 'rascas' con premios ocultos
compras-comercio-recurso
7 Feb 2025

A asociación de empresarios Sete Pontes de Vilalba celebra San Valentín cunha campaña especial baixo o lema Quen Busca Sempre Encontra. Esta iniciativa permitirá aos participantes optar a atractivos premios, como vales de compra de 50 euros e estancias nas coñecidas Cabañitas do Bosque.

A campaña, que arrancou cun vídeo promocional nas redes sociais, anima a participar compartindo a publicación. Entre todos os usuarios que colaboren, sortearase, o día 14 de febreiro, unha estancia nas Cabañitas do Bosque.

Ademais, para fomentar o comercio local, os clientes que realicen compras entre o 10 e o 16 de febreiro nos establecementos adheridos recibirán rascas con premios ocultos, podendo gañar vales de compra. Haberá premios de 10 a 49,99 euros, outros de 50 a 99,99 euros e, para os máis afortunados, superiores a 100 euros.

A proposta inclúe tamén o xogo Busca o corazón perdido, que terá lugar entre o 10 e o 14 de febreiro. A organización irá publicando pistas en redes sociais para axudar aos participantes a localizar o tesouro oculto en Vilalba. Quen o atope, ademais do recoñecemento, recibirá un vale para unha estancia nas Cabañitas do Bosque.

0.17459583282471