Sete Pontes organiza un sorte de Entroido para os consumidores da hostalaría local

TerraChaXa
A Asociación de Empresarios Sete Pontes de Vilalba arranca hoxe coa súa Campaña de Entroido, na que participan un total de 27 locais.
sorteo produtos entroido sete pontes portada
17 Feb 2023

A Asociación de Empresarios Sete Pontes de Vilalba arranca hoxe coa súa Campaña de Entroido, na que participan un total de 27 locais.

A asociación sorteará unha cest de produtos de Entroido entre todos os que consuman nalgún destes locais entre o 17 e o 22 de febreiro.

Cada local entregará as papeletas coa consumición, que serán coas que se participará no sorteo, que se celebrará o día 24.

Participan o Parador, Attica 21, A Carballeira, Tony, A Lareira, Avenida, Sundaybar, O Cristo, Mesón do Campo, O'Porrás, A Revolta, La Plaza, Centro, Os Roques, Topaz, Lembranzas, Marita, O Carballo, Estudiante, Pafe, Montero, O Porrón, Naseiro, Zapateiro, Pizzca, A Taberna e Puro Teatro.

sorteo produtos entroido sete pontes
0.091961860656738