Sete Pontes pon en marcha a campaña do Día da Nai con 200 euros en premios

TerraChaXa
Desde hoxe, 25 de abril, ata o día 5 de maio, a Asociación de Empresarios Sete Pontes de Vilalba únese para celebrar o amor e o agarimo que as nosas nais bríndannos todos os días.
amor de nai campana nai sete pontes portada
25 Abr 2024

Desde hoxe, 25 de abril, ata o día 5 de maio, a Asociación de Empresarios Sete Pontes de Vilalba únese para celebrar o amor e o agarimo que as nosas nais bríndannos todos os días. Baixo o lema Amor de nai, esta campaña especial busca honrar o papel fundamental das nais nas nosas vidas e destacar a importancia de demostrarlles noso aprecio de maneira tanxible.

Durante este período, convídase a todos a participar nesta celebración única, onde cada compra non só é un xesto de agarimo, senón tamén unha oportunidade para gañar fabulosos premios. Os participantes poden optar a 200 euros en premios, distribuídos en 10 vales de 20 euros cada un. É unha oportunidade emocionante para atopar o agasallo perfecto para as nais.

Esta campaña, na que participan 52 comercios de todo tipo, coincide co Bono Comercio que promove a Xunta de Galicia, e lembra a asociación que cada compra achega aos participantes fabulosos premios. Así para compras entre 10 e 49 euros achegarase unha participación. Para compras entre 50 e 99 euros haberá dúas e tres para as que sexan de máis de cen euros.

"Amor de nai é máis que unha campaña de compras, é unha expresión de gratitude cara ás nosas nais, que son o piar das nosas vidas", din desde o colectivo.

0.21402096748352