Sete Pontes sortea os catro vales dos gañadores da campaña de Nadal
Este mércores, 12 de xaneiro ás 20:00 horas, tivo lugar o sorteo da campaña de Nadal Merca e Gaña no comercio local de Vilalba, que organizou a Asociación de Empresarios Sete Pontes coa colaboración do Concello de Vilalba.
A campaña arrincou o pasado 9 de decembro e mantívose activa ata o 5 de xaneiro co obxectivo de impulsar a venda no comercio local durante o Nadal. Así, entre os clientes dos establecementos asociados repartíronse vales para entrar no sorteo que se celebrou na sede da asociación.
No acto estiveron presentes a alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, a concelleira de Comercio, Marta Rouco, e Antía Naveiras e Moisés Carballeira, representante de comercio e directivo da Asociación, respectivamente.
As afortunadas en levar os 4 vales de 500€ para gastar no comercio asociado foron Juana Eusebia López Paz, Mar Castro García, Dolores Mª Durán Roca e Nerea Martín Bello.