Sete Pontes sortea unha estancia no Parador na campaña de San Valentín
TerraChaXa
A Asociación de Empresarios Sete Pontes de Vilalba iniciou unha nova campaña de impulso do comercio local aproveitando o San Valentín.
8 Feb 2023
A Asociación de Empresarios Sete Pontes de Vilalba iniciou unha nova campaña de impulso do comercio local aproveitando a celebración do San Valentín.
Nesta nova acción están implicados os negocios da localidade e o proxecto consiste no sorteo da estancia no Parador de Vilalba entre todos os clientes que realicen as compras entre o 4 e o 14 de febreiro cun gasto mínimo de 5 euros.
O sorteo para escoller o terá lugar o día 17 de febreiro e para xustificar o premio haberá que gardar o ticket da compra.
O agasallo será unha noite para dúas persoas en media pensión do Parador de Vilalba.