Silán, en Muras, celebra as súas festas a fin de semana do 7 e 8 de outubro

TerraChaXa
As festas están organizadas pola Comunidade de Montes de Silán en colaboración co Concello de Muras
festas-silan-muras
6 Out 2024

A Comunidade de Montes de Silán, en colaboración co Concello de Muras, celebra as súas festas na honra a San Estevo e á Virxe de Fátima a fin de semana do 12 e 13 de outubro.

O sábado haberá, ás 13.00 horas, misa solemne, procesión e sesión vermú a cargo da orquestra Escaparate, grupo que volverá tocar pola noite na verbena xunto á Los Satelites.

O domingo, o oficio relixioso será á mesma hora e, nesta ocasión, a sesión vermú prolongada será amenizada pola orquestra Escaparate.

As festas están organizadas pola Comunidade de Montes de Silán en colaboración co Concello de Muras.

0.083616971969604