Silvarrei prepárase para celebrar as tradicionais festas de San Xoán

TerraChaXa
As celebracións comezarán o venres 20 de xuño cunha cea veciñal ás 22:00 horas
festas-silvarrei
16 Jun 2025

A parroquia de Silvarrei, no concello de Outeiro de Rei, celebrará do 20 ao 22 de xuño as súas tradicionais festas na honra a San Xoán, organizadas por Constante e Pape, cun completo programa de actividades relixiosas e lúdicas para todas as idades.

As celebracións comezarán o venres 20 de xuño cunha cea veciñal ás 22:00 horas, seguida dunha verbena amenizada polo dúo Estrellas a partir das 23:30 horas.

O sábado 21, a xornada comezará ás 13:30 coa misa e posterior procesión. Ás 14:30 terá lugar o vermú coa orquestra Casablanca. Xa pola tarde, ás 18:30, celebraranse xogos populares para os máis pequenos e familias. Pola noite, ás 23:30, repetirá Casablanca na verbena acompañada polo DJ Casanova. Haberá sorteo no descanso e disporase de carpa.

O domingo 22, as actividades comezarán ás 13:00 cunha misa cantada polo Coro Músico Crisanto, seguida de procesión. Ás 14:00 celebrarase un vermú longo co grupo Superstar, e haberá un sorteo ao remate da actuación.

⚙ Configurar cookies
0.1744589805603