Silvia Penide actúa este sábado no programa Emprazadas

TerraChaXa
Será ás 21.00 horas na praza de Santa María
actuacion-silvia-penide-emprazads
Cartel e Silvia Penide
26 Jun 2024

A iniciativa Emprazadas abre o verán co acústico de Silvia Penide co obxectivo de seguir poñendo en valor a Praza de Santa María e dinamizar o centro histórico de Vilalba.

A actuación enmarcase dentro da súa xira de aniversario XX Anos de Carreira e a artista acaba de recibir o premio Alas en tus pies á traxectoria profesional. Penide, acadou tamén en 2016 e 2020 os Premios Martín Codax nos apartados de Indie Pop e Canción de Autor, estilos nos que se move durante os seus directos. Tamén puxo a música na Gala dos Premios Mestre Mateo 2023.

Será este sábado 29 ás 21:00 na Praza, aberta e de balde.

⚙ Configurar cookies
0.25243496894836