Sistallo acolle este sábado a Romaría de San Paio

TerraChaXa
Actuarán a orquestra Stéreo e a Charanga 555
romaria-de-san-paio
10 Jul 2025

A parroquia de Sistallo, en Cospeito, acollerá este sábado 12 de xullo a XXXIV Romaría de San Paio, unha cita xa consolidada no verán da comarca e que reúne veciñanza e visitantes nunha xornada de tradición, música e encontro.

A festa comezará ás 13:30 horas coa misa campestre, que dará paso á sesión vermú e á gran verbena coa actuación da orquestra Stéreo, que animará a celebración durante o día. Pola tarde, a música continuará coa actuación da Charanga 555, garantindo o ambiente festivo durante toda a xornada.

A XXXIV Romaría de San Paio conta coa colaboración do Concello de Cospeito, reafirmando o compromiso co mantemento das tradicións locais e coa dinamización social das parroquias do municipio.

.

⚙ Configurar cookies
0.16715908050537