Sistallo, en Cospeito, acolle o sábado a Romería de San Paio

Este sábado terá lugar unha nova edición da Romaría de San Paio na localidade de Sistallo, en Cospeito.
Os actos arrancarán ás 13.30 horas coa tradicional misa campestre, á que seguirá unha sesión vermú que estará a cargo de Salsarena, a mesma orquestra que será a encargada de animar a verbena.
Pola tarde está prevista a actuación da charanga Festicultores, que se completará coas actuación musicais de DJ Tito Maverick e a disco Móbil Chocolate.