Sistallo, en Cospeito, acolle o sábado a Romería de San Paio

TerraChaXa
Os actos arrancarán ás 13.30 horas coa tradicional misa campestre
romaria-san-paio-sistallo
12 Xul 2024

Este sábado, 13 de xullo, terá lugar unha nova edición da Romaría de San Paio na localidade de Sistallo, en Cospeito, a XXXIII.

Os actos arrancarán ás 13.30 horas coa tradicional misa campestre, á que seguirá unha sesión vermú que estará a cargo de Alabama Show, a mesma orquestra que será a encargada de animar a verbena.

Pola tarde está prevista a actuación da charanga Mekánika, que se completará co DJ Patakiña.

0.081729888916016