Sistallo, en Cospeito, está de festa a fin de semana

TerraChaXa
Contará coa música de Nueva Fuerza y Banarama
sistallo-festas
Celebración con fogos artificiais
19 Jun 2025

A localidade de Sistallo, en Cospeito, celebra esta fin de semana as súas festas na honra a San Xoán.

Etas darán comezo o sábado 21 cunha misa solemne ás 13.30 horas, seguida dunha procesión para dar paso á sesión vermú, que estará a cargo de Nueva Fuerza, grupo que tamén se encargará da verbena.

O domingo só haberá sesión matinal longa, co trío Banarama, co que se darán por rematadas as festas, despois da misa, que será ás 13.30 horas.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa.

⚙ Configurar cookies
0.3308789730072