Só Burela e Ribadeo aumentan a presenza de covid

TerraChaXa | LugoXa
1 Feb 2021

A provincia de Lugo volveu rexistrar nos datos deste luns unha melloría de casos activos importante causada por un elevado número de altas e un descenso dos casos novos, que non se producía dende hai semanas.

De feito, este liuns os casos activos sitúanse en 2.130, que son só 1 máis que onte. Na xornada anterior o crecemento foi de 8 e contrasta coa do sábado que deu 112 casos máis.

Rexistráronse nas últimas 24 horas 92 casos novos (onte foron 116) polo que aínda non se pode falar de ningún tipo de contención pero melloran os datos malia que haberá que esperar ao martes para ver se son produto do efecto fin de semana. Pola contra, as altas chegaron ás 8.028, 95 máis que o venres, o día anterior foron 115.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 10.337 casos rexistrados e 172 persoas falecidas. A última falecida foi unha usuaria da residencia de Sarria.

Pola contra, a presión hospitalaria empeora tanto na UCI como en planta. En Coidados Intensivos hai unha persoa máis, 20, dúas delas na Mariña, o resto no Hula. Hospitalizados en planta hai 67 persoas (13 persoas máis) 43 no hospital de Lugo (11 máis), 10 na Mariña (1 máis) e 13 en Monforte. O Polusa volve acoller enfermos cun caso.

POR COMARCAS

Terra Chá

O que onte eran boas novas, hoxe non o parecen tanto xa que Vilalba volve dar outro estirón en número de casos e A Pastoriza, que superara o gromo, volve estar na zona de atención. Tamén crecen os casos en Begonte de novo e nas Pontes tampouco hai freno aínda.

  • Vilalba segue á alza ata os 182 casos, 13 casos máis que onte, rompendo deste xeito a contención dos últimos días.
  • A Pastoriza, que estaba en retroceso suma un novo caso e xa son 12.
  • Outeiro de Rei baixa 2 e ponse en 13.
  • Begonte, que onte mellorara, recupera, tres casos máis e queda en 18.
  • Rábade segue na zona de atención con 10 contaxiados novos.
  • Castro de Rei sobe 3 ata 13.
  • Friol mantense en 15.
  • No veciño Concello das Pontes, tralo parón de onte, volve á senda do crecemento e con cinco casos máis ponse en 66.

A Mariña

Mentres Viveiro e Xove seguen relaxando as súas cifras, Burela e Ribadeo continúa crecendo timidamente.

  • Viveiro continúa o seu descenso paulatino de casos e certifica 134, 12 menos.
  • Xove mantense no camiño da rebaixa de casos con 32, 4 menos.
  • Burela, volve subir, aínda que lentamente e queda en 46, con 2 casos menos.
  • No Vicedo volven sumar casos, nesta xornada, un, e xa son 32 os de hoxe.
  • Cervo mantén 17 casos.
  • Ribadeo experimenta un novo ascenso de casos, con 1 máis e un total de 28.
  • Foz suma 1 infectado e certifica 13.
  • Riotorto también rebaixa dous casos e queda en 11.
  • Só Alfoz non ten casos novos nos últimos quince días.

Centro da provincia

No municipio de Lugo descende a incidencia de covid nun caso, un dato novidoso tras o continuo incremento. Tamén mellora timidamente en Palas, con datos moi preocupantes. Periga ahora mesmo a situación tamén en Monterroso.

  • Lugo conta con 420 casos, 1 menos que onte, descenso por primeira vez en moitos días.
  • Palas de Rei aporta hoxe positivismo, xa que rebaixa 2 casos,malia ter aínda 72 casos.
  • En Monterroso mantén a incidencia coma onte en 18.
  • No Corgo manteñen 12.
  • Guntín súmase con 10 casos.
  • A zona da Montaña rexistra varios concellos sen casos nos últimos días como Negueira de Muñiz, Navia e Ribeira de Piquín.

Comarca de Sarria

A vila de Sarria mellora a súa situación co primeiro descenso dende o inicio desta terceira vaga aínda que  situación segue a ser preocupante.

  • Sarria rebaixa casos por primeira vez dende o ultimo gromo, son 8 casos ata 188.
  • Láncara tamén rebaixa ata 18, 3 menos.
  • Paradela tamén mantén 16 casos.
  • O Incio tamén volve a ter 10 casos novos.
  • Triacastela e O Páramo non teñen contaxios novos nos últimos quince días.

Ribeira Sacra

Monforte e Quiroga seguen centralizando a incidencia na provincia e en maior ou menor medida sobe en todos os concellos.

  • A vila de Monforte contabiliza hoxe 241 casos, 11 máis que onte.
  • Quiroga tamén retroces tras un gran auxe de contaxios. Hoxe son 119, 2 menos que onte.
  • Chantada ten 52, 1 máise que onte e Taboada mantense en 10.
  • O Saviñao segue subindo, suma 2 e ten 35 contaxios.
  • Pantón sobe 2 tamén ata 26.
  • Ribas de Sil mantense en 16 e Sober en 12.
0.19171595573425