Soexo, en Vilalba, celebra o sábado a Festa da Xuventude
A localidade de Soexo, en Vilalba, celebra este sábado, 28 de outubro, a súa Festa da Xuventude, que arrancará ás 13.00 horas coa sesión vermú a cargo do dúo Pedriñas.
A continuación terá lugar o acto central da xornada, un xantar servido por Pulpería Taboada. O menú constará de empanada, polbo, churrasco mixto, sobremesa, café e chupito a un prezo de 30 euros para maiores de 11 anos. os menores deberán abonar 13 euros.
O martes é o último día para a retirada de tíckets, que poden atoparse nos bares Cascudo e Pepe (Guitiriz) ou cos membros da comisión, José Antonio (722 195 538) e Luis (636 381 120).
A sesión de tarde estará amenizada por Discoteca Supreme e a verbena da noite contará con Cinema e Beatriz. O campo da festa estará cuberto con carpa.
Soexo tamén avanzou o programa das festas patronais, que se celebrarán no mes de marzo na honra á Sagrada Familia. Así, contarán con Los Adrianos, Satélites e París de Noia.