Soexo arranca as festas cunha liscada popular
TerraChaXa
Estas darán comezo o venres 24, ás 21.30 horas
Cartel das festas
21 May 2024
A localidade de Soexo, en Vilalba, celebra esta fin de semana as súas festas na honra á Virxe dos Milagres.
Estas darán comezo o venres 24, ás 21.30 horas cunha liscada popular gratuíta para todos os asistentes, á que seguirá unha verbena a cargo do dúo Élite.
O sábado, o programa se iniciará pola mañá cunha misa ás 13.30 horas, seguida de procesión e a sesión vermú, da que se encargará a orquestra Alabama Show, que tamén fará a verbena pola noite.
A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa.