Soexo está de festa esta fin de semana

TerraChaXa
Estas darán comezo o venres 20, ás 21.30 horas cunha liscada popular gratuíta para todos os asistentes
Fogos artificiais
16 sep 2024

A localidade de Soexo, en Vilalba, celebra esta fin de semana as súas festas na honra á Virxe das Angustias.

Estas darán comezo o venres 20, ás 21.30 horas cunha liscada popular gratuíta para todos os asistentes, á que seguirá unha verbena a cargo do dúo Venus.

O sábado, o programa se iniciará pola mañá cunha misa ás 13.30 horas seguida de procesión e a sesión vermú, da que se encargará a orquestra La Travesía.

Pola noite, na verbena volverán estar La Travesaía coa actuación de José Manuel de Abanico.

O domingo despois da misa, que será á mesma hora, o dúo Eclipse porá fin á celebración na sesión vermú.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa.

0.31232905387878